domingo, 2 de xuño de 2019

Agroglamour e Cans

Relacionando o Festival de Cans co mundos alimentos e pasando a formar parte do Agroglamour.

venres, 31 de maio de 2019

FROITAS E PSICOMOTRICIDADE!

En psicomotricidade aproveitamos para facer un XOGO con imaxes de FROITAS. Os nenos e nenas tiñan que agruparse polo tipo de froita que lles tocou (mazás, uvas, peras...) para finalmente facer grupos de diferentes FROITAS elaborando Macedonias!!!

Aula de Música "Faustino Santalices": A Galiña choca




A Galiña Choca

Valoramos e reflexionamos arredor do proceso de elaboración do pan: Sementar, e recoller o gran na leira, ir ao muiño e moelo para facer a fariña, amasalo coas mans e cocelo no forno.
Acompañamos a cantiga con maracas que @s nen@s  fixeron con material de refugallo con axuda das súas nais e pais orientados polo mestre de música. No interior das maracas como elemento sonoro intrduciron sementes, garavanzos, lentellas…