mércores, 6 de febreiro de 2019

Importancia da alimentación

Dende o equipo de orientación tamén traballamos a importancia dunha boa alimentación.

domingo, 3 de febreiro de 2019

Arte, relixión e alimentación

O pecado orixinal. Comen unha mazá e quedan "malditos" para sempre. Falamos da historia da relixión e falamos da importancia das mazás na nosa vida. 

Observamos o cadro da última de cena e falamos dos alimentos que ían comer antes de que Xesús fose crucificado.

xoves, 24 de xaneiro de 2019

Matemáticas e froitas

A mellor forma de aprender é xogando e podemos xogar coas froitas. Xuntamos matemáticas e froitas e temos unha combinación perfecta! Aprendemos moito máis fácil e de paso recordamos vocabulario das froitas, por se o tiñamos olvidado.















mércores, 23 de xaneiro de 2019

Vocabulario alimentación

En primeiro traballamos diferentes palabras relacionadas cos alimentos. Os nosos nenos son uns artistas!
Uns debuxaban, outros buscaban como se escribía cada palabra, outros escribían, outros coloreaban e outros facían a montaxe. Requería moita organización pero lográmolo!