domingo, 7 de abril de 2019

Mercado saudable

Os nenos e nenas de 1º e 2º fixemos un mercado saudable. Fixemos os alimentos que iamos vender na escola e practicamos os cambios con diñeiro de xoguete.
 

 
 
 
 
 
 

xoves, 4 de abril de 2019

Horta escolar

Os nenos e nenas de infantil traballamos na clase o que é unha boa alimentación. Falando chegamos á conclusión de que había varios alimentos que non nos gustaban así que, para fomentar ese gusto, plantamos cebolas, porros e leitugas entre todos.







luns, 25 de marzo de 2019

Reunión para familias e docentes

Fixemos unha reunión onde podían asistir tanto alumnos, coma mestres e familias para tratar a importancia do control no uso das tecnoloxías. Cada día hai más nenos/as enganchados a estas máquinas, o que provoca un descenso nas súas notas e un comportamento diferente ao habitual.