Os nenos e nenas de 2º de EP estiveron curioseando sobre as diferentes merendas que levan ao colexio noutros países, valorando se eran saudables ou non. Logo decidiron preparar un libriño con ideas deliciosas para comer nos vosos recreos!
Por último, o alumnado de 3º de EP fixo unha investigación sobre as súas froitas e verduras favoritas en inglés. recompilaron datos interesantes e fixeron un arco da vella interactivo para que poidades ver o seu traballiño!
Ningún comentario:
Publicar un comentario