venres, 31 de maio de 2019

FROITAS E PSICOMOTRICIDADE!

En psicomotricidade aproveitamos para facer un XOGO con imaxes de FROITAS. Os nenos e nenas tiñan que agruparse polo tipo de froita que lles tocou (mazás, uvas, peras...) para finalmente facer grupos de diferentes FROITAS elaborando Macedonias!!!

Aula de Música "Faustino Santalices": A Galiña choca




A Galiña Choca

Valoramos e reflexionamos arredor do proceso de elaboración do pan: Sementar, e recoller o gran na leira, ir ao muiño e moelo para facer a fariña, amasalo coas mans e cocelo no forno.
Acompañamos a cantiga con maracas que @s nen@s  fixeron con material de refugallo con axuda das súas nais e pais orientados polo mestre de música. No interior das maracas como elemento sonoro intrduciron sementes, garavanzos, lentellas…

Aula de Música "Faustino Santalices": O Forno e o Muiño


O Muiño e o Forno

Con esta cantiga popular damos a coñecer a tradición artesanal de elaboración do pan valorando a importancia da súa dieta alimenticia nas sociedades máis rurais.
Coñecemos e distinguimos as distintas materias primas para a elaboración do pan, como o millo, o centeo ou o trigo.
Achegamos tamén aos alumnos e alumnas a unha arquitectura popular de vital importancia como son os muiños e os fornos, familiarizándoos coa función sociabilizadora que desenvolvían ao ser un punto de encontro no que ademais de traballar, moendo ou cocendo, tamén se falaba, cantaba e bailaba.

mércores, 22 de maio de 2019

FroiteArte

Os alumnos de 6ºB decidiron aportar a sùa versión de diferentes obras de arte. O resultado foi  moi dulce e fresco 😋

sábado, 18 de maio de 2019

FRUITS!

OS NENOS DE 5 ANOS DISFRUTAN CONTABILIZANDO ALGUNHAS DAS DIFERENTES FROITAS PROPOSTAS E, ADEMÁIS, SEGUEN REPASANDO VOCABULARIO EN LINGUA INGLESA

mércores, 15 de maio de 2019

XOGO DE RELEVOS

Mirade que ben o pasamos en psicomotricidade XOGANDO ós RELEVOS con diferentes tipos de desprazamentos: correndo, saltando, agachados...

domingo, 12 de maio de 2019

Comidas saudables feitas na casa


As familias colaboraron na realización de diferentes receitas nas súas casas. Todo ten moi bo aspecto! Bo proveito!

Gráfica de consumo de alimentos

Os nenos e nenas de 1º e 2º fixemos unha gráfica de consumo de alimentos tendo en conta as nosas preferencias. Primeiro anotamos varios alimentos e despois levantando a man e anotando na pizarra fixemos a gráfica que mostramos aquí abaixo





xoves, 9 de maio de 2019

luns, 6 de maio de 2019

Menú e receita saudable

Os alumnos de 6º B elaboraron un menú saudable e buscaron unha receita onde o ingrediente principal sexa a froita.
Ademáis quixeron amosar que eles tamén eran saudables.


Froiteando en 4 anos

Os alumnos de 6º B crearon unha forma orixinal para comer a froita e decidiron compartila cos nenos de 3 anos.

domingo, 5 de maio de 2019

Receita saudable

A partir dunha receita traballamos o vocabulario, a linguaxe oral e escrita.

mércores, 1 de maio de 2019

Probamos a froita

Experimentamos os sabores. Cos ollos pechados tivemos que adiviñar que froitas estabamos a comer. E acertamos!!! Era unha mazá moi rica e saudable!

Comezamos a semana da froita!!