venres, 31 de maio de 2019

Aula de Música "Faustino Santalices": O Forno e o Muiño


O Muiño e o Forno

Con esta cantiga popular damos a coñecer a tradición artesanal de elaboración do pan valorando a importancia da súa dieta alimenticia nas sociedades máis rurais.
Coñecemos e distinguimos as distintas materias primas para a elaboración do pan, como o millo, o centeo ou o trigo.
Achegamos tamén aos alumnos e alumnas a unha arquitectura popular de vital importancia como son os muiños e os fornos, familiarizándoos coa función sociabilizadora que desenvolvían ao ser un punto de encontro no que ademais de traballar, moendo ou cocendo, tamén se falaba, cantaba e bailaba.

Ningún comentario:

Publicar un comentario