domingo, 28 de abril de 2019

We learn about healthy food in XoFerLo

Os nenos e nenas de 1º de EP estiveron xogando coas froitas e verduras en inglés. Primeiro xogaron ás adiviñanzas, facendo preguntas aos demais para saber que froita saudable tiñan pegada nas costas, e logo xogaron a un divertido xogo de facer parellas. Mirade, mirade!



Os nenos e nenas de 2º de EP estiveron curioseando sobre as diferentes merendas que levan ao colexio noutros países, valorando se eran saudables ou non. Logo decidiron preparar un libriño con ideas deliciosas para comer nos vosos recreos!


Por último, o alumnado de 3º de EP fixo unha investigación sobre as súas froitas e verduras favoritas en inglés. recompilaron datos interesantes e fixeron un arco da vella interactivo para que poidades ver o seu traballiño! 




martes, 23 de abril de 2019

Alimentos e relixión

A través de diferentes imaxes relixiosas traballouse a alimentación en diferentes sesións.

- Mostránse imaxes de cadros famosos e artistas famosos con diferentes escenas: a última cena, Adán e Eva.

- Actividades de grafomotricidade: mazá que cae ao chan.

- Visionado de cortos.

- Explicación das diferentes obras e significado do alimento en cada unha delas.