sábado, 15 de xuño de 2019
domingo, 2 de xuño de 2019
Agroglamour e Cans
Relacionando o Festival de Cans co mundos alimentos e pasando a formar parte do Agroglamour.
venres, 31 de maio de 2019
FROITAS E PSICOMOTRICIDADE!
En psicomotricidade aproveitamos para facer un XOGO con imaxes de FROITAS. Os nenos e nenas tiñan que agruparse polo tipo de froita que lles tocou (mazás, uvas, peras...) para finalmente facer grupos de diferentes FROITAS elaborando Macedonias!!!
Aula de Música "Faustino Santalices": A Galiña choca
A Galiña Choca
Valoramos e reflexionamos arredor do proceso de elaboración
do pan: Sementar, e recoller o gran na leira, ir ao muiño e moelo para facer a
fariña, amasalo coas mans e cocelo no forno.
Acompañamos a cantiga con maracas que @s nen@s fixeron con material de refugallo con axuda
das súas nais e pais orientados polo mestre de música. No interior das maracas
como elemento sonoro intrduciron sementes, garavanzos, lentellas…
Aula de Música "Faustino Santalices": O Forno e o Muiño
O Muiño e o Forno
Con esta cantiga popular damos a coñecer a tradición
artesanal de elaboración do pan valorando a importancia da súa dieta
alimenticia nas sociedades máis rurais.
Coñecemos e distinguimos as distintas materias primas para a
elaboración do pan, como o millo, o centeo ou o trigo.
Achegamos tamén aos alumnos e alumnas a unha arquitectura popular de
vital importancia como son os muiños e os fornos, familiarizándoos coa función
sociabilizadora que desenvolvían ao ser un punto de encontro no que ademais de traballar,
moendo ou cocendo, tamén se falaba, cantaba e bailaba.
mércores, 29 de maio de 2019
sábado, 25 de maio de 2019
mércores, 22 de maio de 2019
FroiteArte
martes, 21 de maio de 2019
Barra de alimentos
sábado, 18 de maio de 2019
FRUITS!
venres, 17 de maio de 2019
xoves, 16 de maio de 2019
mércores, 15 de maio de 2019
XOGO DE RELEVOS
Mirade que ben o pasamos en psicomotricidade XOGANDO ós RELEVOS con diferentes tipos de desprazamentos: correndo, saltando, agachados...
domingo, 12 de maio de 2019
Comidas saudables feitas na casa
As familias colaboraron na realización de diferentes receitas nas súas casas. Todo ten moi bo aspecto! Bo proveito!
Gráfica de consumo de alimentos
Os nenos e nenas de 1º e 2º fixemos unha gráfica de consumo de alimentos tendo en conta as nosas preferencias. Primeiro anotamos varios alimentos e despois levantando a man e anotando na pizarra fixemos a gráfica que mostramos aquí abaixo
xoves, 9 de maio de 2019
Comendo San
Comendo san en Quinto (Froiteando)
Con este vídeo amosamos algúns momentos do traballo coa froita
Etiquetas:
5º EP,
Arte,
Hábitos alimenticios,
Marcos,
Rafa
martes, 7 de maio de 2019
Traballos relacionados coa alimentación
Murais por grupos e exposicións nas aulas.
luns, 6 de maio de 2019
Menú e receita saudable
Os alumnos de 6º B elaboraron un menú saudable e buscaron unha receita onde o ingrediente principal sexa a froita.
Ademáis quixeron amosar que eles tamén eran saudables.
Ademáis quixeron amosar que eles tamén eran saudables.
Froiteando en 4 anos
domingo, 5 de maio de 2019
Receita saudable
mércores, 1 de maio de 2019
Probamos a froita
Experimentamos os sabores. Cos ollos pechados tivemos que adiviñar que froitas estabamos a comer. E acertamos!!! Era unha mazá moi rica e saudable!
Comezamos a semana da froita!!
martes, 30 de abril de 2019
Arte e alimentos
Etiquetas:
Arte,
José Ramón,
Marcos,
Rafa,
Ramón
domingo, 28 de abril de 2019
We learn about healthy food in XoFerLo
Os nenos e nenas de 1º de EP estiveron xogando coas froitas e verduras en inglés. Primeiro xogaron ás adiviñanzas, facendo preguntas aos demais para saber que froita saudable tiñan pegada nas costas, e logo xogaron a un divertido xogo de facer parellas. Mirade, mirade!
Os nenos e nenas de 2º de EP estiveron curioseando sobre as diferentes merendas que levan ao colexio noutros países, valorando se eran saudables ou non. Logo decidiron preparar un libriño con ideas deliciosas para comer nos vosos recreos!
Os nenos e nenas de 2º de EP estiveron curioseando sobre as diferentes merendas que levan ao colexio noutros países, valorando se eran saudables ou non. Logo decidiron preparar un libriño con ideas deliciosas para comer nos vosos recreos!
Por último, o alumnado de 3º de EP fixo unha investigación sobre as súas froitas e verduras favoritas en inglés. recompilaron datos interesantes e fixeron un arco da vella interactivo para que poidades ver o seu traballiño!
Etiquetas:
1º EP,
2º EP,
3° EP,
Adriana Rojo,
Inglés
xoves, 25 de abril de 2019
martes, 23 de abril de 2019
Alimentos e relixión
A través de diferentes imaxes relixiosas traballouse a alimentación en diferentes sesións.
- Mostránse imaxes de cadros famosos e artistas famosos con diferentes escenas: a última cena, Adán e Eva.
- Actividades de grafomotricidade: mazá que cae ao chan.
- Visionado de cortos.
- Explicación das diferentes obras e significado do alimento en cada unha delas.
- Mostránse imaxes de cadros famosos e artistas famosos con diferentes escenas: a última cena, Adán e Eva.
- Actividades de grafomotricidade: mazá que cae ao chan.
- Visionado de cortos.
- Explicación das diferentes obras e significado do alimento en cada unha delas.
luns, 8 de abril de 2019
domingo, 7 de abril de 2019
Mercado saudable
Os nenos e nenas de 1º e 2º fixemos un mercado saudable. Fixemos os alimentos que iamos vender na escola e practicamos os cambios con diñeiro de xoguete.
xoves, 4 de abril de 2019
Horta escolar
Os nenos e nenas de infantil traballamos na clase o que é unha boa alimentación. Falando chegamos á conclusión de que había varios alimentos que non nos gustaban así que, para fomentar ese gusto, plantamos cebolas, porros e leitugas entre todos.
mércores, 3 de abril de 2019
luns, 1 de abril de 2019
luns, 25 de marzo de 2019
Reunión para familias e docentes
Fixemos unha reunión onde podían asistir tanto alumnos, coma mestres e familias para tratar a importancia do control no uso das tecnoloxías. Cada día hai más nenos/as enganchados a estas máquinas, o que provoca un descenso nas súas notas e un comportamento diferente ao habitual.
domingo, 24 de marzo de 2019
mércores, 20 de marzo de 2019
Clasificación dos alimentos segundo a súa orixe
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)